www.xeve.gal
Lg/ Fragoso Nº 8
Santo André de Xeve
36150 Pontevedra
Correo electrónico:
xeve@xeve.gal
administracion@xeve.gal
Contacto: 626 601 514
WSP: 679 587 323
REFRANS E LENDAS
CONTOS DO ENTROIDO
En tempos de necesidade ata no Entroido podía escasear a carne. E era unha vergoña.
Foi o que lle pasou a unha familia de Verducido que tiña un gran rabaño de fillos e tan só un pequeno bocado de touciño pendurado da touciñeira.
O pai, para que os fillos non fosen contándolles aos outros que non tiñan carne para comer, o día de Entroido untoulles ben untados a todos os beizos con aquel touciño e díxolles que non os limpasen ata o remate do día.
Cando o maior dos fillos foi xogar cos da veciñanza, un deles, ao verlle o queixo cheo de graxa, preguntoulle:
—Seica comiches moito touciño?
—Este que se ve! —respondeu, moi satisfeito.
WWW.XEVE.GAL
É a web dos veciños de Xeve.
Todos podedes partícipares nela, ben chamándonos, enviándonos fotos, noticias, un e-mail, wsp ou ben da forma que creades máis axeitada.
¡¡ PARTICIPA NELA, É TÚA !!
Twittear esta página
Tweet