COMUNIDADE DE MONTES DE SAN ANDRES

PINCHA SOBRE ESTA IMAGEN PARA ACCEDER A LA INFORMACIÓN DE LA COMUNIDAD DE MONTES DE SAN ANDRES

 

Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

 

Os montes veciñais en man común son unha das poucas formas de propiedades de terras en común que logrou sobrevivir á organización municipal do século XIX e ó fenómeno desamortizador.

 

Por iso, chama a atención que unha forma de propiedade tan orixinal e tan nosa non fose obxecto de regulamentación específica ata hai vinte anos.

 

A lei 52/1968, do 27 de xullo, de montes veciñais en man común, tivo sen dúbida o mérito de recoñece-la figura, pero desnaturalizouna coas limitacións e restriccións que contén, así como coa inxerencia municipal. A lei 55/1980, do 11 de novembro, quixo ser, e fe feito foi, máis liberalizadora, pero aínda son moitos os atrancos que limitan as súas funcións.

 

A presente Lei pretende darlle resposta á necesidade dunha regulación realista dos montes veciñais en man común, propiedade peculiar e ben característica de Galicia, tantas veces posta de manifesto por expertos, reivindicada polos campesiños e reclamada pola propia realidade económica.

 

Non ofrece dúbida a potestade lexislativa da nosa Comunidade por lle vir atribuída no Estatuto de Autonomía ( Artigo 27.11) a competencia exclusiva en materia de <<réxime xurídico dos montes veciñais en man común>>.

 

A lexislación relativa a estes montes esixe partir do recoñecemento da natureza privada destas terras a favor das Comunidades veciñais que adoito as viñan disfrutando, liberándoas de vencellos que a desnaturalizan. Neste recoñecemento non se poden esquece-los preceptos constitucionais referentes á función social da propiedade que para tales bens cumpran as necesidades da Comunidade propietaria, así como o interese xeral da sociedade, e, en consecuencia, levar a cabo un mellor aproveitamento dos recursos.

 

As causas de que importantes superficies de Galicia estean improductivas ou con aproveitamentos por debaixo do seu potencial, radican en boa medida nos atrancos legais e institucionais que os veciños atoparon para o aproveitamento dos seus propios montes. Esta Lei facilita a adicación das terras ós cultivos e aproveitamentos que máis conveñan ás circunstancias agrolóxicas dos solos e ós intereses dos veciños, e permite, así mesmo, a división dos montes entre eles, con carácter temporal, para o seu cultivo, aínda que adoptando medidas de protección e cautela que impidan racha-la unidade dos mesmos.

 

Preténdese, en definitiva, incorporar á actividade económica unha ampla superficie agraria baixo este réxime de propiedade e abrir vieiros para a mellora da dimensión económica das explotacións agrarias pertencentes ás Comunidades con montes veciñais en man común. Esta Lei dálle á Comunidade de veciños plena autonomía para a xestión e o disfrute do monte, reduce as maiorías necesarias para a toma de decisións, establecendo garantías suficientes de publicidade e concorrencia, dicta normas básicas de organización das Comunidades de veciños e simplifica o articulado -deixando para un posterior desenvolvemento regulamentario tódalas materias non fundamentais-, conseguindo con todo iso unha necesaria sistematización.

 

Para favorece-lo seu mellor aproveitamento polos veciños, unha vez superadas as limitacións lexislativas anteriores, considérase necesario incluír tamén o seu carácter preferente nas actuacións e axudas da Administración agraria galega.

 

Contémplase a fórmula de xestión cautelar pola Administración para aqueles casos nos que a Comunidade de veciños se extinga ou desapareza, e tamén para o suposto de que o monte non sexa xestionado de acordo cos seus recursos. A xestión cautelar queda en todo caso supeditada ó aproveitamento directo pola Comunidade, establecendo un procedementos que garanta este principio.

 

De acordo co previsto no artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e 24 da Lei Reguladora da Xunta e do seu Presidente sanciono e promulgo en nome de El-Rei a Lei de montes veciñais en man común.

 

 

¡¡A    WEB    DOS  VECIÑOS                DE   XEVE!!

    XENTILICIO: Xeveir@             POBOACIÓN:  3.090

  

 

Contacto

   www.xeve.gal

 

   Lg/ Fragoso Nº 8
   Santo  André de Xeve

   36150 Pontevedra

 

   Correo electrónico:

             xeve@xeve.gal

administracion@xeve.gal

 

   Contacto: 626 601 514

   WSP:        679 587 323

REFRANS E LENDAS 

 

ESPECIAL  DIA  DO  PAI

 

1º-  Ter un pai e moi especial, pero terte a ti é excepcional

2º-  Non solo eres o millor pai do mundo, sinon que ti creaches o meu mundo

3º-  Maestro, amigo, conselleiro, e Pai… todo na misma persoa

4º-  Papa, eres un Rei, un Superheroe… eres todo iso e mais.

5º-  Eres o millor Pai do mundo, poucas palabras que significan tanto.

6º-  Gracias Papa por mostrarme ese amor, o mais puro e verdadeiro.

7º-  Un bo Pai vale por cen maestros

8º-  O facer de un pai por un fillo, e facelo por si mesmo 

9º-  Ocupase mais un pai por dez fillos, que os dez fillos xuntos se ocupan dun pai.

10ª-  Papa guapetón, te quero un mogollón

 

WWW.XEVE.GAL

É  a   web   dos   veciños   de   Xeve.

Todos podedes  partícipares nela, ben chamándonos, enviándonos fotos, noticias,  un  e-mail, wsp  ou ben da forma que creades máis axeitada.

¡¡  PARTICIPA      NELA,    É    TÚA  !!

XEVE.GAL en redes sociais 

Esta páxina está feita dun xeito aberto e directo, primando a lingua que cada quen desexe usar. CASTELÁN e GALEGO van á par porque entendemos que non vamos a censurar nin condicionar os textos e que cada quen os exprese libremente. E mais aquí non existe un galego normativo, só o que falamos a cotío todos os veciños de Xeve.