Preto de 130 socios encheron dous buses para unha excursión a O CORPIÑO en Lalín.
O domingo 26 de Febreiro, a asociación cultural de Xeve, que preside Cruz Casal, viaxou en excursión a O Corpiño en Lalin, donde escoitaron misa e pasearon
polo entorno, para posteriormente achegarse A Goleta donde en Casa Pablo, deron boa conta dun espectacular cocido de Lalin, con unhs grelos da casa riquisimos. Na sobremesa unhs postres
caseiros con filoas con mel, queixo e tetilla, leite frita e melindres.
O duo MAREMA de Xeve, encargouse. como nadie, de amenizar a excursión con baile e sobretodo humor, moito humor, ata as sete e media da tarde. Dia espectacular para mais de 140 socios e amigos,
que enchemos dous autobuses para pasar un dia inolvidable.
¡¡BENVIDOS A ASOCIACIÓN CULTURAL!!
Dende este portal o mundo quero darlles a benvida a esta, a nosa asociación que é tamen a de todos os veciños de Xeve. Dende aquí mostrar o meu orgullo e a miña ledicia por presidir dende fai tantos anos este colectivo en axuda os veciños. Quero agradecerlle a todos os compañeiros que traballan conmigo e que dia a día desinteresadamente fan real que levemos a cabo todas as actividades, e que sin eles non sería posible. Quero pedirlles a sua participación e axuda nos actos e eventos que levamos a cabo para que entre todos fagamos mais levadeira a convivencia entre os veciños e en definitiva un Xeve millor.
moitas gracias
a todos e
un saudo
Mª Cruz Casal Maquieira
----
ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN
As actividades da asociacion son:
- manualidades
- ximnasia de mantemento
- bailes de salón
- cursos
- charlas
- festas
- excursións
- obradoiros
- etc.
PROGRAMACION FIJA
dentros dos actos que facemos o longo do ano destacan:
- dia de reis magos
- entroido
- pascua
- fogueira de san Xoan
- magosto
- festa do SOCIO
- noiteboa
MEMORIA DA ASOCIACION
A Asociación Cultural botou a andar no 1997, sen animo de lucro con 500 asociados.
Nace para potenciar e organizar entre a xente achegada por calquera lazo á vida en Xeve para dinamizar moitas facetas culturais aínda sen atender. O noso referente
sempre será a cultura galega.
Maiores, mozos e rapaces participan ó longo do ano en charlas, en obradoiros infantís con diferentes fins, en excursións, en cursos...
Tratamos de levar e impulsar en Xeve calquera expresión cultural: teatro, exposicións... cultura en definitiva. No seno da nosa asociación
naceu o XORNAL DE SAN ANDRES.
Así mesmo, é importante tamén para a nosa entidade a colaboración coas outras asociacións e organizacións da zona. Entre todas, queremos lograr encher e promover os
moitos recadros que conforman a nosa cultura: a gastronomía, a música, as festas tradicionais, a lingua e a literatura, o monte... Calquera actividade que poida ser de interese social ou cultural e
coa que poidamos encher o noso tempo libre é sempre considerada vida social co ocio.
SEDE SOCIAL: Antiguo colegio de Pilarteiros – Couso – San Andres de Xeve
Nº de Socios: 900 Cuota: 10 € por pareja
CONTACTO: 605 678 585
18-01-2014
O Xornal de San Andres millora a súa rotativa.
O xornal que edita a asociación cultural San Andres “O Xornal de San Andres” renova a súa imaxe e o seu formato. O xornal que naceu como referencia para informar sobre as actividades, cursos e noticias da asociación cultural que preside Mª Cruz Maquiera, apareceu este Nadal cunha imaxe renovada e de millor calidade, pasando de ser un pequeno dossier de fotocopias A/4 grapadas en blanco e negro a unhas paxinas A/3 plegadas e a color, que lle dan unha calidez nova e millorada e mais limpa, na sua estética e a hora de leer as noticias. O Xornal sigue contando co mesmo indice: Últimas novas, pasatempos, O Contacontos, Horóscopo, As recetas do noso cociñeiro, Turismo en Galicia. Biblioteca Galega, Noticias deportivas, Citas e frases celebres, Folla de actos religiosos e O Rincón da poesía.
O Xornal que se creou tamen como fonte de financiación, ten un coste de 1 €, ainda que este sexa dun xeito insignificativo para poder desarrolar esta actividade altruista. Veremos si neste 2014 nos acada algunha novidade mais o renovado xornal.
06-01-2013
OS REIS MAGOS PERCORREN XEVE
As suas maxestades de oriente Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron Xeve facendo as delicias dos mais pequenos, tirandolles caramelos o seu paso e agasallandolles con multiples xogues e material didactico, roupa, libros....etc.
Os Reis Magos tamen asistiron a misa que se celebrou na Igresias de San Andres oficiada por D. Herminio Sande donde se poido presenciar a chegada dos Reis magos o portal de Belen para ofrecer o Neno Xesus, Ouro, incienso e Mirra.
Pero o mais importante para os mais peques son os regalos dos que disfrutaban todos os cativos de Xeve.