VERDUCIDO  de XEVE

La iglesia parroquial de San Martiño de Verducido

Verducido ten unha poboación de 990 persoas.


Aldeas:

A Abelleira, Bordel, Covadáspera, O Gabián, O Outeiriño, Rosende, Verducido y Vilariño.

 

 

Ocupa un terreo montañoso, accidentado polos outeiros das Pasadellas, das Canteras e do Campo de Bois, no que destaca o monte Acibal, que supera os 600 metros de altitude. Conta con paisaxes naturais que nos conducen á evasión, como as que se poden contemplar no Pontillón do Castro, reserva de auga da cidade de Pontevedra e refuxio de aves, que conta nas súas proximidades cunha ampla zona de lecer.

 

Na cima do monte sitúase un fermoso miradoiro cunha gran escultura en pedra dedicada aos canteiros. Desde aquí, ademais dunha canteira de granito moi próxima, pódese contemplar a beleza da contorna e da cidade de Pontevedra.

Destaca a igrexa parroquial, totalmente reedificada durante o século XVIII, que inclúe unha peza abovedada anterior, da que se cre que podería ter sido unha antiga sancristía.

 

 

FESTAS


A festa patronal celébrase o día 11 de novembro (San Martiño), pero tamén se celebran  San Brais, Santa Bárbara e o Corpus Christi.

 

Cura parroco: Don Herminio Sande

 

 

ZONA RECREATIVA

 

Verducido conta cunha ampla zona recreativa na contorna do encoro do Pontillón do Castro.

 

 

Un parque infantil

Rocódromo

Zona de recreo 

Rutas de senderismo

 

Nunha circunferencia de máis de 3 quilómetros, poderá percorrer toda a contorna do encoro, con fantásticas vistas e amplos e tranquilos sendeiros que lle transmitirán unha sensación de infinita calma.

Durante o seu paseo poderá atopar e observar as vacas e cabalos que baixan do monte Acibal. Así mesmo, poderá contemplar os piragüistas de elite que adestran nestas augas, ou numerosos usuarios facendo footing, paseando ou andando en bicicleta.

O Pontillón do Castro é ese lugar que debe coñecer, percorrer e gozar.

 

¡¡A    WEB    DOS  VECIÑOS                DE   XEVE!!

    XENTILICIO: Xeveir@             POBOACIÓN:  3.006

Contacto

   www.xeve.gal

 

   Lg/ Fragoso Nº 8
   Santo  André de Xeve

   36150 Pontevedra

 

   Correo electrónico:

   xeve@xeve.gal

administracion@xeve.gal

 

   Contacto: 626 601 514

   M - WSP:  679 587 323

REFRÁNS E LENDAS

 

Baguiño a baguiño,
fixo unha vella,
unha pipa de viño.

Miña nai, mire meu pai
que calzós novos lle ten:
son abertos por diante
para poder mexar ben.

Fillos criados,
traballos dobrados.

O diñeiro do pobre,
aínda que queira non pode.

O viño que e chispeiro,
non precisa pregoeiro.

   WWW.XEVE.GAL

É  a   web   dos   veciños   de   Xeve.

Todos podedes participar nela, ben chamándonos, enviándonos fotos, noticias, un e-mail, wsp ou ben da forma que creades máis axeitada.

¡¡PARTICIPA  NELA, É TÚA!!

XEVE.GAL en redes sociais 

Esta páxina está feita dun xeito aberto e directo, primando a lingua que cada quen desexe usar. CASTELÁN e GALEGO van á par porque entendemos que non vamos a censurar nin condicionar os textos e que cada quen os exprese libremente. E mais aquí non existe un galego normativo, só o que falamos a cotío todos os veciños de Xeve.