ASOCIACION CULTURAL SAN ANDRES DE XEVE

Preto de 130 socios encheron dous buses para unha excursión a O CORPIÑO en Lalín.

 

 


O domingo 26 de Febreiro, a asociación cultural de Xeve, que preside Cruz Casal, viaxou en excursión  a O Corpiño en Lalin, donde escoitaron  misa e pasearon polo entorno, para posteriormente  achegarse A Goleta donde en Casa Pablo, deron boa conta dun espectacular cocido de Lalin, con unhs grelos da casa riquisimos. Na sobremesa unhs postres caseiros con filoas con mel, queixo e tetilla, leite frita e melindres. 
O duo MAREMA  de Xeve, encargouse. como nadie, de amenizar a excursión con baile e sobretodo humor, moito humor, ata as sete e media da tarde. Dia espectacular para mais de 140 socios e amigos, que enchemos dous autobuses para pasar un dia inolvidable.

Mª CRUZ CASAL MAQUIEIRA Presidenta

¡¡BENVIDOS A ASOCIACIÓN CULTURAL!!

 

Dende este portal o mundo quero darlles a benvida a esta, a nosa asociación que é tamen a de todos os veciños de Xeve. Dende aquí mostrar o meu orgullo e a miña ledicia por presidir dende fai tantos anos este colectivo en axuda os veciños. Quero agradecerlle a todos os compañeiros que traballan conmigo e que dia a día desinteresadamente fan real que levemos a cabo todas as actividades, e que sin eles non sería posible. Quero pedirlles a sua participación e axuda nos actos e eventos que levamos a cabo para que entre todos fagamos mais levadeira a convivencia entre os veciños e en definitiva un Xeve millor.

 

moitas gracias

a todos e

un saudo

 

 

Mª Cruz Casal Maquieira

 

 

 

----

ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN

 

As actividades da asociacion son:

- manualidades

- ximnasia de mantemento

- bailes de salón

- cursos

- charlas

- festas

- excursións

- obradoiros

- etc.

 

 PROGRAMACION FIJA

 

dentros dos actos que facemos o longo do ano destacan:

- dia de reis magos

- entroido

- pascua

- fogueira de san Xoan

- magosto

- festa do SOCIO

- noiteboa

 

MEMORIA DA ASOCIACION

 

A Asociación Cultural  botou a andar no 1997, sen animo de lucro  con 500 asociados.

Nace para potenciar e organizar entre a xente achegada por calquera lazo á vida en Xeve para dinamizar moitas facetas culturais aínda sen atender. O noso referente sempre será a cultura galega.

Maiores, mozos e rapaces participan ó longo do ano en charlas, en obradoiros infantís con diferentes fins, en excursións, en cursos...
Tratamos de levar e impulsar en Xeve calquera expresión cultural:  teatro, exposicións... cultura en definitiva. No seno da nosa asociación naceu  o XORNAL DE SAN ANDRES.

Así mesmo, é importante tamén para a nosa entidade a colaboración coas outras asociacións e organizacións da zona. Entre todas, queremos lograr encher e promover os moitos recadros que conforman a nosa cultura: a gastronomía, a música, as festas tradicionais, a lingua e a literatura, o monte... Calquera actividade que poida ser de interese social ou cultural e coa que poidamos encher o noso tempo libre é sempre considerada vida social co ocio. 

 

 

SEDE SOCIAL: Antiguo colegio de Pilarteiros – Couso – San Andres de Xeve

 

Nº de Socios: 900 Cuota: 10 € por pareja

 

CONTACTO:  605 678 585

 

                                          

MIEMBROS DE LA ASOCIACION CULTURAL

O XORNAL DE SAN ANDRES

18-01-2014

O Xornal de San Andres millora a súa rotativa.

O xornal que edita a asociación cultural San Andres “O Xornal de San Andres” renova a súa imaxe e o seu formato. O xornal que naceu como referencia para informar sobre as actividades, cursos e noticias da asociación cultural que preside Mª Cruz Maquiera, apareceu este Nadal cunha imaxe renovada e de millor calidade, pasando de ser un pequeno dossier de fotocopias A/4 grapadas en blanco e negro a unhas paxinas A/3 plegadas e a color, que lle dan unha calidez nova e millorada e mais limpa, na sua estética e a hora de leer as noticias. O Xornal sigue contando co mesmo indice: Últimas novas, pasatempos, O Contacontos, Horóscopo, As recetas do noso cociñeiro, Turismo en Galicia. Biblioteca Galega, Noticias deportivas, Citas e frases celebres, Folla de actos religiosos e O Rincón da poesía.

O Xornal que se creou tamen como fonte de financiación, ten un coste de 1 €, ainda que este sexa dun xeito insignificativo para poder desarrolar esta actividade altruista. Veremos si neste 2014 nos acada algunha novidade mais o renovado xornal.

EXCURSIONS e VISITAS CULTURAIS

MAGOSTO

OS REIS MAGOS EN XEVE

06-01-2013

OS REIS MAGOS PERCORREN  XEVE

As suas maxestades de oriente Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron Xeve facendo as delicias dos mais pequenos, tirandolles caramelos o seu paso e agasallandolles con multiples xogues e material didactico, roupa, libros....etc.

Os Reis Magos tamen asistiron a misa que se celebrou na Igresias de San Andres oficiada por D. Herminio Sande donde se poido presenciar a chegada dos Reis magos o portal de Belen para ofrecer o Neno Xesus, Ouro, incienso e Mirra.

Pero o mais importante para os mais peques son os regalos dos que disfrutaban todos os cativos de Xeve.

XUNTANZA E CEA ANUAL DOS SOCIOS

¡¡A    WEB    DOS  VECIÑOS                DE   XEVE!!

    XENTILICIO: Xeveir@             POBOACIÓN:  3.015

Contacto

   www.xeve.gal

 

   Lg/ Fragoso Nº 8
   Santo  André de Xeve

   36150 Pontevedra

 

   Correo electrónico:

   xeve@xeve.gal

administracion@xeve.gal

 

   Contacto: 626 601 514

   M - WSP:  604 134 585

REFRÁNS E LENDAS

 

Baguiño a baguiño,
fixo unha vella,
unha pipa de viño.

Miña nai, mire meu pai
que calzós novos lle ten:
son abertos por diante
para poder mexar ben.

Fillos criados,
traballos dobrados.

O diñeiro do pobre,
aínda que queira non pode.

O viño que e chispeiro,
non precisa pregoeiro.

   WWW.XEVE.GAL

É  a   web   dos   veciños   de   Xeve.

Todos podedes participar nela, ben chamándonos, enviándonos fotos, noticias, un e-mail, wsp ou ben da forma que creades máis axeitada.

¡¡PARTICIPA  NELA, É TÚA!!

XEVE.GAL en redes sociais 

Esta páxina está feita dun xeito aberto e directo, primando a lingua que cada quen desexe usar. CASTELÁN e GALEGO van á par porque entendemos que non vamos a censurar nin condicionar os textos e que cada quen os exprese libremente. E mais aquí non existe un galego normativo, só o que falamos a cotío todos os veciños de Xeve.