As pandereiteiras que pagaron o seu primeiro disco cos seus aforros
Candela, Cecilia e Clara, tres mozas de Verducido, forman o grupo 3Cs, co que reivindican a música tradicional galega, o papel da muller e a renovación do folclore.
No seu primeiro disco, Faíscas, reúnen doce temas propios e poemas musicados de Rosalía de Castro, Manuel María e Antonio García Teijeiro. Un traballo financiado cos aforros das súas actuacións, no que mesturan instrumentos tradicionais, novas melodías e ritmos actuais sen perder a esencia galega.
Desde Verducido, onde aprenderon a tocar a pandeireta, apostan por unha tradición viva, renovada e comprometida coa cultura e a sociedade.