O Ravachol 2025 Feroz, director de cinema: ¡Que viva o Entroido!"
Como se fose o mesmo Almodóvar, sentado na súa cadeira, co megáfono de director de cinema, traxe e gorra, o Ravachol 2025, o loro máis famoso de Pontevedra, congregou unha multitude de veciños e curiosos que se xuntaron este luns pola noite para asistir á súa presentación como parte dunha festa na que é un dos principais símbolos e protagonistas. Ravachol fixo a súa entrada triunfal entre a expectación dos asistentes e nun ambiente de música e ledicia propia do Entroido.
Así, a Asociación Recreativa de Xeve, na mesma praza, puxéronlle primeiro o seu traxe e a súa cadeira de
director, e unha chapa no peito para reivindicar o “Día da Muller”. Cando lle deron o megáfono, o protagonista fixo unha demostración das súas dotes como director de cinema:
«Boas noites, Pontevedra. Rodando, rodando! Tres, dous, un, acción!
E corten!
Que viva o Entroido!»