NOVAS  ECLESIÁSTICAS DE  XEVE

Volve a  soar ó Harmonio de Xeve  trala súa restauración

 

10-11-2022

Construído hai 120 anos en París nos obradoiros de H. Christophe & Etienne con madeira de carballo, o Harmonio de Xeve volverá a soar esta tarde na igrexa parroquial, edificio que data de 1760, trala súa restauración. Os impulsores desta restauración destacaron que a mesma «foi financiada única e exclusivamente coas aportacións das persoas interesadas en contribuír á recuperación do patrimonio de Xeve mediante aportacións de dous euros». 

E para conmemorar tal feito, nada mellor que un concerto no que se interpretarán diversas pezas por parte da pianista Lorena Varela, o cantante Isidro Betacourt e a violinista Ioana Pérez. De feito, «para a ocasión o mestre Fernando Ruibal —encárgase da dirección musical—, natural de Xeve, compuxo unha canción de título O piñeiro de Gondar, con letra da poesía do mesmo título de Conchi Núñez de Gatomorto», que se estreará para a ocasión.

«A restauración supón para a parroquia a oportunidade de recuperar unha peza do seu patrimonio que leva máis dunha centuria acompañando ás celebracións xevianas», engadiron, ao tempo que remarcaron que un harmonio é un instrumento «semellante a un órgano, provisto dun fol que se acciona cos pés e que, en lugar de tubos, ten unhas lingüetas semellantes ás dun acordeón», precisaron.

En canto ao programa, interpretaranse O son do Ar, de Luar na Lubre; O carro, de Fuxan os Ventos con letra de Manoel María; Meu amor é mariñeiro, tamén de Fuxan os Ventos con letra de Lois Álvarez Pousa e Manuel Alegre; Alborada da Lanzada, música de Ernesto Campos; Romeiro ao lonxe” (Scarborough Fair), así como Tu gitana, de Luar na Lubre; Na capela de Esperante, música de Ernesto Campos; Ao-Tea-Roa, de Luar na Lubre; e O piñeiro de Gondar; e, para rematar, o himno galego composto por Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga.

VERDUCIDO CELEBRA AS  COMUNIONS 

01-08-2021

Alex, Alexandre e Xulian recibiron a súa primeira comunion na Igrexa parroquial de San Martiño.
Dia especial para eles e para as familias que agradecen a axuda e colaboración aos veciños nas preciosas alfombras de frores  no atrio da igrexa. 

FACELE O PARROCO DE CERPONZONS E VERDUCIDO, HISTORIA DAS DUAS PARROQUIAS

 

07-12-2020

Manuel Miguez Redondo, sacerdote

Moitos son os feligreses apesados debido ao falecemento do noso párroco D. Manuel Miguez Redondo.

Don Manuel Miguez Redondo naceu en Pontevedra , o 16 de Decembro do ano 1942, pronto cumpriría os 78 anos de idade. Os seus pais chamábanse Manuel e Paz ( máis coñecida por Pacita). Manuel era propietario dun ultramarinos situado moi preto da Praza da Verdura de Pontevedra, e a súa esposa foi mestra. Manuel tivo dous irmáns, Cándido é Pilar(+).

A súa ordenación sacerdotal levouse a cabo na parroquia de Seixo (Marín), era o 4 de Abril do ano 1968, dita ordenación foi a cargo do cardeal Quiroga Palacios, a prensa daquel entón facíase eco da noticia e comentaba que o cardeal Quiroga fora recibido polo pobo de Seixo con moitísimo agarimo e atencións.

A parroquia de Seixo foi o seu primeiro destino, alí tivo ao seu primeiro mestre de pastoral, o párroco D. José Benito Sainz, con él aprendeu a ter contacto cos mariñeiros, con outras comunidades cristiás, non católicas, e a amizade con outros sacerdotes que foi coñecendo.

Logo dun tempo en Seixo, D. Manuel foi a facer estudos a Pamplona, e logo dun tempo lonxe de terras galegas, ao regresar, propóñenlle un novo destino: San Vicente de Cerponzones (1982),  parroquia onde estivo a maior parte da súa vida, xunto á parroquia de San Martíño de Verducido, anexa a Cerponzóns.

En estás dúas parroquias foi onde desempeñou case toda a súa vida pastoral, a súa conexión cos feligreses de ambas parroquias foi perfecta, chegou e comezou a animar e apoiar distintas iniciativas, a principal foi a festa de Corpus, onde se realizan desde a chegada de D. Manuel, as alfombras de flores monumentales.


Estaba sempre apoiando todo aquilo que tivese un único fin : a unión dos veciños, excursións, obras de teatro, os coros, participaba en todo aquilo que tivese interese xeral, sempre estaba disposto a oír e dar a súa opinión, compartía coas directivas da Comunidade de Montes, das Asociacións de Veciños e Culturais, das Comunidades de Augas, dos equipos de fútbol…

Debido á falta de párrocos os últimos anos D. Manuel tívose que facer cargo de impartir o labor pastoral nas parroquias de Santa María de Xeve e San Martín de Agudelo.

D. Manuel era moi afeccionado aos libros de historia e ás vidas dos santos, o seu descanso utilizábao para ler e tomar notas, son inmensas as anotacións que ten, libretas con fichas de todo tipo, primeiro escritas manualmente e despois pasadas unha por unha ao ordenador. A súa preocupación e interese por estudar a orixe e infinidade de datos recolleitos sobre as parroquias da diócesis levouno a escribir un libro cunha extensisima documentación. Un exemplo é a historia de Cerponzóns, grazas aos seus estudos logrou atopar un documento onde aparece o nome da parroquia con data de 30 de Marzo do ano 1019, efemeride que dou lugar a celebración do Milenario da Parroquia de Cerponzóns.

Faleceu no Clínico, habendo recibido as visitas da súa familia e de os sacerdotes amigos e compañeiros. Foi atendido espiritualmente e recibiu a Santa Unción pouco antes de morrer.

El funeral fue en la iglesia de S.José de Pontevedra que fue presidido por el Sr. Arzobispo, Mons. Julián Barrio y concelebrado por unos 25 sacerdotes. entre ellos el Vicario del Opus Dei en Galicia y el vicario de pastoral de Pontevedra .

Descanse en paz.

La Asociación Cultural San Andrés, en colaboración con Don Herminio, informa que, motivado por la actual pandemia COVID19, las restricciones de aforo en iglesias y demás reuniones en general.

¡¡A    WEB    DOS  VECIÑOS                DE   XEVE!!

    XENTILICIO: Xeveir@             POBOACIÓN:  3.015

Contacto

   www.xeve.gal

 

   Lg/ Fragoso Nº 8
   Santo  André de Xeve

   36150 Pontevedra

 

   Correo electrónico:

   xeve@xeve.gal

administracion@xeve.gal

 

   Contacto: 626 601 514

   M - WSP:  604 134 585

REFRÁNS E LENDAS

 

Baguiño a baguiño,
fixo unha vella,
unha pipa de viño.

Miña nai, mire meu pai
que calzós novos lle ten:
son abertos por diante
para poder mexar ben.

Fillos criados,
traballos dobrados.

O diñeiro do pobre,
aínda que queira non pode.

O viño que e chispeiro,
non precisa pregoeiro.

   WWW.XEVE.GAL

É  a   web   dos   veciños   de   Xeve.

Todos podedes participar nela, ben chamándonos, enviándonos fotos, noticias, un e-mail, wsp ou ben da forma que creades máis axeitada.

¡¡PARTICIPA  NELA, É TÚA!!

XEVE.GAL en redes sociais 

Esta páxina está feita dun xeito aberto e directo, primando a lingua que cada quen desexe usar. CASTELÁN e GALEGO van á par porque entendemos que non vamos a censurar nin condicionar os textos e que cada quen os exprese libremente. E mais aquí non existe un galego normativo, só o que falamos a cotío todos os veciños de Xeve.