Xeve é pedra, arte, historia; é verde pradeira, montaña, ríos e terra fértil. Xeve é terra de canteiros...
Hoxe confórmano tres parroquias:
Santo André, Santa María e Verducido.
Xuntos, os tres "xeves" forman na súa orografía unha pequena Irlanda e, nas súas xentes, destaca un xen aventureiro.
BENVIDOS A XEVE.GAL
Xeve foi un antigo concello da comarca de Pontevedra. En 1847, deslíndase do de Cerponzóns e constitúese como propio ata 1944, formado polas parroquias de Xeve e Verducido.
Hoxe, ambas parroquias están integradas no de Pontevedra e asiste como testemuña o edificio que acollía as dependencias administrativas en Santa María.
Descubra a nosa web e envíenos as súas suxerencias, inquedanzas ou peticións.
As novas, así como a literatura de esta páxina non esta feita por xornalistas, sinon polos destintos veciños e asociacions que a compoñen.
En XEVE.GAL tratamos de ser a fiestra xeral de Xeve para o mundo.
Aquí todos os consellos e mensaxes serán ben acollidos.
Veciño, axúdanos a mellorar e ser o noso apoio para que Xeve sexa un pobo máis únido,
querido e admirado.
XEVE.GAL amosa dende Galicia o millor de nós e os nosos veciños na rede para o mundo.
¡¡Sexan todos benvidos!!