NOVAS  ECLESIÁSTICAS DE  XEVE

Volve a  soar ó Harmonio de Xeve  trala súa restauración

 

10-11-2022

Construído hai 120 anos en París nos obradoiros de H. Christophe & Etienne con madeira de carballo, o Harmonio de Xeve volverá a soar esta tarde na igrexa parroquial, edificio que data de 1760, trala súa restauración. Os impulsores desta restauración destacaron que a mesma «foi financiada única e exclusivamente coas aportacións das persoas interesadas en contribuír á recuperación do patrimonio de Xeve mediante aportacións de dous euros». 

E para conmemorar tal feito, nada mellor que un concerto no que se interpretarán diversas pezas por parte da pianista Lorena Varela, o cantante Isidro Betacourt e a violinista Ioana Pérez. De feito, «para a ocasión o mestre Fernando Ruibal —encárgase da dirección musical—, natural de Xeve, compuxo unha canción de título O piñeiro de Gondar, con letra da poesía do mesmo título de Conchi Núñez de Gatomorto», que se estreará para a ocasión.

«A restauración supón para a parroquia a oportunidade de recuperar unha peza do seu patrimonio que leva máis dunha centuria acompañando ás celebracións xevianas», engadiron, ao tempo que remarcaron que un harmonio é un instrumento «semellante a un órgano, provisto dun fol que se acciona cos pés e que, en lugar de tubos, ten unhas lingüetas semellantes ás dun acordeón», precisaron.

En canto ao programa, interpretaranse O son do Ar, de Luar na Lubre; O carro, de Fuxan os Ventos con letra de Manoel María; Meu amor é mariñeiro, tamén de Fuxan os Ventos con letra de Lois Álvarez Pousa e Manuel Alegre; Alborada da Lanzada, música de Ernesto Campos; Romeiro ao lonxe” (Scarborough Fair), así como Tu gitana, de Luar na Lubre; Na capela de Esperante, música de Ernesto Campos; Ao-Tea-Roa, de Luar na Lubre; e O piñeiro de Gondar; e, para rematar, o himno galego composto por Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga.

VERDUCIDO CELEBRA AS  COMUNIONS 

01-08-2021

Alex, Alexandre e Xulian recibiron a súa primeira comunion na Igrexa parroquial de San Martiño.
Dia especial para eles e para as familias que agradecen a axuda e colaboración aos veciños nas preciosas alfombras de frores  no atrio da igrexa. 

Falece o párroco de Cerponzóns e Verducido, historia das dúas parroquias

Falece o párroco Manuel Míguez Redondo aos 77 anos


Pontevedra, 7 de decembro de 2020

A comunidade relixiosa e veciñal de Pontevedra chora o pasamento de don Manuel Míguez Redondo, párroco de San Vicente de Cerponzóns e San Martiño de Verducido, quen faleceu recentemente aos 77 anos de idade.

Nado en Pontevedra o 16 de decembro de 1942, fillo de Manuel e Paz —máis coñecida como Pacita—, don Manuel creceu nun fogar vinculado á docencia e ao comercio local. Tivo dous irmáns, Cándido e Pilar (†).

Foi ordenado sacerdote o 4 de abril de 1968 na parroquia de Seixo (Marín) polo cardeal Quiroga Palacios, sendo este recibido na localidade cun grande agarimo. O seu primeiro destino pastoral foi precisamente Seixo, onde aprendeu de mans de don José Benito Sainz o contacto cos mariñeiros, o diálogo ecuménico e a colaboración con outros sacerdotes.

Tras unha etapa de estudos en Pamplona, regresou a Galicia e en 1982 asumiu o seu novo destino en San Vicente de Cerponzóns, parroquia á que quedou unido durante case toda a súa vida, xunto coa anexa de San Martiño de Verducido. Alí destacou pola súa implicación nas festas e actividades comunitarias, especialmente na celebración do Corpus, impulsando as tradicionais alfombras florais.

Sempre próximo aos veciños, colaborou con asociacións culturais, comunidades de montes, comunidades de augas, coros e equipos deportivos. Nos últimos anos, debido á falta de clero, tamén atendeu pastoralmente as parroquias de Santa María de Xeve e San Martín de Agudelo.

Apaixonado da historia e da haxiografía, dedicou moitas horas á investigación e á escrita, elaborando un extenso traballo documental sobre as parroquias da diocese. Entre os seus logros destaca o descubrimento dun documento de 1019 que cita a parroquia de Cerponzóns, efeméride que motivou a celebración do seu milenario.

Falecido no Hospital Clínico, recibiu antes a visita da familia e amigos sacerdotes, así como a Santa Unción. O funeral celebrouse na igrexa de San Xosé de Pontevedra, presidido polo arcebispo monseñor Julián Barrio e concelebrado por uns 25 sacerdotes, entre eles o vicario do Opus Dei en Galicia e o vicario de pastoral de Pontevedra.

Descanse en paz.

 

La Asociación Cultural San Andrés, en colaboración con Don Herminio, informa que, motivado por la actual pandemia COVID19, las restricciones de aforo en iglesias y demás reuniones en general.

¡¡A    WEB    DOS  VECIÑOS                DE   XEVE!!

    XENTILICIO: Xeveir@             POBOACIÓN:  3.006

Contacto

   www.xeve.gal

 

   Lg/ Fragoso Nº 8
   Santo  André de Xeve

   36150 Pontevedra

 

   Correo electrónico:

   xeve@xeve.gal

administracion@xeve.gal

 

   Contacto: 626 601 514

   M - WSP:  604 134 585

REFRÁNS E LENDAS

 

Baguiño a baguiño,
fixo unha vella,
unha pipa de viño.

Miña nai, mire meu pai
que calzós novos lle ten:
son abertos por diante
para poder mexar ben.

Fillos criados,
traballos dobrados.

O diñeiro do pobre,
aínda que queira non pode.

O viño que e chispeiro,
non precisa pregoeiro.

   WWW.XEVE.GAL

É  a   web   dos   veciños   de   Xeve.

Todos podedes participar nela, ben chamándonos, enviándonos fotos, noticias, un e-mail, wsp ou ben da forma que creades máis axeitada.

¡¡PARTICIPA  NELA, É TÚA!!

XEVE.GAL en redes sociais 

Esta páxina está feita dun xeito aberto e directo, primando a lingua que cada quen desexe usar. CASTELÁN e GALEGO van á par porque entendemos que non vamos a censurar nin condicionar os textos e que cada quen os exprese libremente. E mais aquí non existe un galego normativo, só o que falamos a cotío todos os veciños de Xeve.